Blogia
Reflexións de orientación en Galicia

Varios temas

Hola, queriavos comunicar que hoxe tiven unha reunión cun especialista do EOE de Pontevedra e comentando asi por encima varios temas dixome algo sobre a redaccións das novas acs conforme á nova lexislación.

Na orde de avaliación de primaria de novembro do 2007 exponse que teranse como referencia para a promoción dun alumno con ACS os criterios específicos de promoción da ACS pero eso leva a erros porque alguns inspectores ou delegados non o cren axeitado, porque un alumno con ACS de 1º de primaria que chegue a 4º de ESO e adquira os obxectivos enton consegiria o titulo de secundaria.

Bueno pois este especialista do EOE recomendome que na ACS que fixese para que non tivese que correxir nada habia que por os criterios de avaliación axeitados ós obxectivos da ACS pero os criterios de promoción dacordo co grupo clase. De este xeito non haberia problema de malentendidos.

Non sei se quedou claro, pero bueno pareceume interesante que o soubérades por se vos fai falla para algunha acs no futuro.

Ahhhh tamén dicirvos que se tendes pendente algun dictame de escolarización o flexibilización de escolaridade, hai que solicitalo ó EOE, via inspección, e o EOE xa se encarga dos trámites. O orientador non ten que facer xa o dictame de escolaridade como pasaba antes.

Un saudo

Javier

1 comentario

Andres -

Ola javier
O que che dixeron do EOE é o que entendera eu ao leer a orde de avaliación. a promoción baséase nos criterios de ciclo e a ACS pode ter criterios por debaixo do establecido. por certo con altas capacidades tamén se pode facer ACS e con alumnos de incorporación tardía ou historial familiar e social.
un saúdo