Blogia
Reflexións de orientación en Galicia

Noticias do blog

Felices vacacións.

Grazas o todos por dar vida a esta web que din a luz, para que a usedes e a utilicedes para a "metaorientación", para orientador a orientadores; para que nos comuniquemos e colaboremos entre nós.

Para min este ano en que fun orientador por primeira vez, foi moi enriquecedor e aprendín sobre todo a asesorar, a saber como aconsellar a outras persoas: mestres, pais e nais, etc. Aínda non sei a onde me destinarán para o curso que ven, se serei orientador ou mestre nin a especialidade que impartirei.

Agradezo vosa colaboración e dende aquí quérovos desexarvos unhas felices vacacións de verán.

Saúdos.

Andrés Santamaría Alonso

Próxima reunión de Orientación.

Para a última semana de Abril estaba prevista unha reunión de coordenación que non puden convocar.

A próxima reunión prevista no calendario é corresponde que sexa na segunda semana de Xuño. Cicais se fai un pouco tarde, pero tentar convocar para o mes de Maio, me parece que vai ser un pouco complicado, porque soe ser un mes bastante ocupado de actividades nos centros.

Como asuntos pendentes temos:

Presentación da ferramenta de avaliación DNCAS

Informe sobre os servizos de Orientación - EOE

Memoria das reunións e valoración final.

Hei mandar correo electrónico, pronto

Tobías Betanzos Rego

 

Presentación.

Presentación.

Orientación en Galicia nace como soporte dixital do traballo e discusión que se realiza no Centro Rural Agrupado de Teo a modo de reunións (2 ou 3 cada trimestre) dende hai tres-catro anos. Este curso académico 2007-2008 pretendemos facilitar o debate, a discusión, a resolución de dúbidas e dificultades mediante este blog. A nosa idea é colaborar entre todos os orientadores/as que desempeñamos a nosa labor en CRAs e outros Centros asemade; para, partindo de necesidades comúns, levar a cabo proxectos de desenvolvemento profesional que nos leven a mellorar e facer máis efectiva a nosa práctica orientadora.