Blogia
Reflexións de orientación en Galicia

Sobre os criterios de promoción.

Ola Javier! Son Andrés.

Supoño que nos criterios de promoción terás en conta o Decreto 130/2007 de currículo de primaria LOE, aínda que tamén hai que ter en conta a Orde do 23 de novembro de avaliación na etapa de primaria.

Tendo en conta a introducción das competencias básicas no currículo e o dito do Decreto é moi importante poñer como criterio de promoción quizáis prioritario que o alumno/a acadara as competencias básicas de cara a promociar ao ciclo sequinte. En caso de non telas acadadas, tamén se pode promocionar ao ciclo seguinte sempre e cando poida acadar as competencias básicas (irá acompañada a decisión positiva ou negativa de promoción coas medidas de reforzo que se consideren oportunas).

As competencias están por riba dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación, de xeito que unha persoa que acadara os obxectivos de aprendizaxe mediante o traballo duns contidos e valoración positiva nos criterios de avaliación; se non é competente; é dicir, ese aprendizaxe non é funcional e non lle serve para nada, pois supón que a competencia básica non está acadada. ¿De que serve, por exemplo, estudiar inglés durante anos (saber vocabulario, gramática, verbos irregulares de memoria) se despois non sé é capaz de defenderse nun país de fala inglesa?

0 comentarios