Blogia
Reflexións de orientación en Galicia

Traballo de Orientación

Traballo de Orientación

Antes de nada. Gracias polos consellos Andrés.

Y animarte a seguir nesta labor tan complicada como é a orientación. Eu que estou aqui de sustituto, pero que con sorte estou todo o curso, vexo que é moi complexo levar un departamento de orientación en canto a establecer accións prioritarias e sobre todo en canto a "contentar" ou convencer ós compañeiros de que este traballo é util e serve para algo.

Eu pola miña banda fago o meu traballo como ben sei, e intentando axudar na medida do posible a todas as demandas de axuda e problemas que haxa no centro (CEP e Cra).

Eu agora mesmo estou preparando unhas táboas para avaliar a competencia curricular dos alumnos de 2º  de Primaria e 2º ciclo de Infantil para pasarllas ás tutoras e tutores do nivel con vistas á 2ª avaliación.

Ademais estou pensando concretar un proxecto de acceso ás Tics ó alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que reciben RE ou con ACI.

Seguir a evolucion dalguns alumnos/as con RE e esperar a que aproben unha ACI que enviei. En que parte da tua ACI, lle metiches as competencias básicas?

Principalmente estas son as duas liñas principais para o 2º trimestre, o que non quita que modifique ou introduza cambios.

Un saudo

Javier

0 comentarios