Blogia
Reflexións de orientación en Galicia

Sobre as adatacións curriculares individualizadas

En primeiro lugar voulle respostar a Javier: as competencias básicas metinas antes das áreas cos obxectivos, contidos e criterios de avaliación. A razón é que as competencias básicas están por encima dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación e van máis alá. E o verdadeiramente importante é que o neno se desenvolva no entorno (que se aprende aritmética básica sexa para mercar no supermercado e se aprende coñecemento do medio para que non se perda polo camiño á tenda). Fixen referencia explícita de como se incidirá coa ACI en cada competencia básica tendo en conta as características do neno en cuestión. Por certo, supoño que saberedes que un artigo da orde que regula as ACIs está  derogado.

Unha cousa. ¿Que me suxerides para traballar o PAT en cada un dos ciclos educativos? De momento vou tratar as técnicas de estudo no III ciclo.

2 comentarios

Andrés -

Grazas pola aclaración. Xa me parecía raro a min. Graciñas

Javier -

Non queda derogada o orde de adaptacións soamente una artigo: "Disposición derrogatoria.-Derrogación normativa.
Queda derrogada a Orde do 6 de maio de 1993 pola
que se regula a avaliación na educación primaria na
Comunidade Autónoma de Galicia e o artigo 10.1º da
Orde do 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as
adaptacións do currículo nas ensinanzas de réxime
xeral".