Blogia
Reflexións de orientación en Galicia

Consulta sobre un caso.

Pois espero tamén que tiverádedes unhas felices vacacións.

Teño un neno hiperactivo cunha intelixencia alta que non se traduce nun rendemento escolar satisfactorio debido ao déficit de atención. A miña pregunta é: estando escolarizado en 2º curso e non conseguindo os obxectivos do ciclo, ¿convén que promocione porque ten capacidade a priori cos apoios oportunos para conseguir os obxectivos do ciclo seguinte, ou por contra convén que repita curso porque o seu nivel de partida en 3º estaría por debaixo do nivel da clase?. Hai que ter en conta que este neno pasará de estar escolarizado nun CRA nunha unidade de infantil-primaria (14 nenos) a un aula masificada de 25 nun CEIP de 400 alumnos.

 Se a alguén lle interesa o meu correo electrónico é andressa_79@yahoo.es

Vémonos o xoves 3 a hora de sempre no lugar de sempre.

3 comentarios

Andrés -

Yo estoy conque el niño pase, pero tengo miedo de que lo dejen aparcado porque va a pasar a un curso de 25 niños. Además, no tiene dominio de lectura y cálculo suficiente.

Andrés -

Sí, eso é o que penso eu. Pero como o neno cambia de centro... e eu non vou a estar para o ano, non sei.
Graciñas

Javier Míguez Mato -

Hola Andrés, vendo o caso do que falas, eu recomendaria que pasase de curso cun plan de reforzo acordado polos profesionais implicados, xa que facer repetir a un alumno hiperactivo con capacidade normal non me parece o mais axeitado. Pero isto non deixa de ser unha apreciación persoal miña.
Un saudo
Javier.