Blogia
Reflexións de orientación en Galicia

Instruccións para empregar o blog.

Nun blog pódese facer básicamente dúas cousas: escribir un artigo ou facer un comentario a un artigo.

1. Comentario. É moi doado. Basta con ir ao artigo (ou entrada) que queremos comentar e cliquear sobre 'comentar' ou 'hay x comentarios' (esquina inferior dereita) e facer clic: ábrese a ventá para escribir o comentario. Poñemos o nome de pila, se queremos e-mail e web e despois o comentario. Cando rematemos de escribir o comentario damos a pestaña 'Publicar'. Despois fainos unha pregunta de seguridade: ¿Cuanto sumana 2 y 2? e poñemos 4 (en número). Despois pinchamos en 'Publicar' na esquina esquerda abaixo. Aparece 'Comentario publicado'.

2. Escribir artigo. Pínchase en Administrar. Introdúcese o contrasinal (xa sabedes cal é, non a poño aquí por motivos de seguiridade). Arriba de todo pinchamos en 'Escribir nuevo'. Poñemos o Título do artigo (a idea central do que vamos a dicir). Despois redactamos no recadro o texto (ou o cortamos ou pegamos dun arquivo de texto, pdf, word, web, etc.). Podemos modificar o formato do texto con negrita, cursiva, cores, caras , tipos de fonte, tamaños de letra, etc. Unha vez rematemos o texto xa podemos darlle a publicar (se queremos, podemos insertar unha imaxe de ata 20 kb en Examinar e alineala No centro, esquerda, dereita).

Consello: e mellor antes escribir no word e logo pegar no blog, porque as veces por problemas de conexión a Internet bórrase o texto que puxemos e hai que volver a empezar de cero.

0 comentarios