Blogia

Reflexións de orientación en Galicia

Felices vacacións.

Grazas o todos por dar vida a esta web que din a luz, para que a usedes e a utilicedes para a "metaorientación", para orientador a orientadores; para que nos comuniquemos e colaboremos entre nós.

Para min este ano en que fun orientador por primeira vez, foi moi enriquecedor e aprendín sobre todo a asesorar, a saber como aconsellar a outras persoas: mestres, pais e nais, etc. Aínda non sei a onde me destinarán para o curso que ven, se serei orientador ou mestre nin a especialidade que impartirei.

Agradezo vosa colaboración e dende aquí quérovos desexarvos unhas felices vacacións de verán.

Saúdos.

Andrés Santamaría Alonso

Becas MEC

Becas MEC

http://www.mepsyd.es/mecd/jsp/plantilla.jsp?area=becas&id=444

Esta é a dirección na que podedes mirar unhas becas que sairon do MEC para alumnos con neces. espec. de apoio educativo e nee (con certificado de minusvalia superior ó 33%).

A quen lle interese e non o sabia xa, botalle un vistazo.

Se non atopades a convocatoria, avisademe que a teño eu e pasoa.

Un saudo a tod@s

Próxima reunión de Orientación.

Para a última semana de Abril estaba prevista unha reunión de coordenación que non puden convocar.

A próxima reunión prevista no calendario é corresponde que sexa na segunda semana de Xuño. Cicais se fai un pouco tarde, pero tentar convocar para o mes de Maio, me parece que vai ser un pouco complicado, porque soe ser un mes bastante ocupado de actividades nos centros.

Como asuntos pendentes temos:

Presentación da ferramenta de avaliación DNCAS

Informe sobre os servizos de Orientación - EOE

Memoria das reunións e valoración final.

Hei mandar correo electrónico, pronto

Tobías Betanzos Rego

 

Varios temas

Hola, queriavos comunicar que hoxe tiven unha reunión cun especialista do EOE de Pontevedra e comentando asi por encima varios temas dixome algo sobre a redaccións das novas acs conforme á nova lexislación.

Na orde de avaliación de primaria de novembro do 2007 exponse que teranse como referencia para a promoción dun alumno con ACS os criterios específicos de promoción da ACS pero eso leva a erros porque alguns inspectores ou delegados non o cren axeitado, porque un alumno con ACS de 1º de primaria que chegue a 4º de ESO e adquira os obxectivos enton consegiria o titulo de secundaria.

Bueno pois este especialista do EOE recomendome que na ACS que fixese para que non tivese que correxir nada habia que por os criterios de avaliación axeitados ós obxectivos da ACS pero os criterios de promoción dacordo co grupo clase. De este xeito non haberia problema de malentendidos.

Non sei se quedou claro, pero bueno pareceume interesante que o soubérades por se vos fai falla para algunha acs no futuro.

Ahhhh tamén dicirvos que se tendes pendente algun dictame de escolarización o flexibilización de escolaridade, hai que solicitalo ó EOE, via inspección, e o EOE xa se encarga dos trámites. O orientador non ten que facer xa o dictame de escolaridade como pasaba antes.

Un saudo

Javier

ACS

Ándrés mandeiche ó teu correo de yahoo o modelo de acs que fixen este ano para que lle botes un vistazo.

As competencia están metidas cos obxectivos e recollidos tamén nos criterios de avaliación e algúns contidos están mal redactados, seguindo o decreto do curriculo vixente, pero daquela redacteinos asi.

En cambio os obxectivos e criterios de avaliación están concretados pero son exactamente os mesmos que os do decreto.

Antes de cada área tm lle metín as competencias xa adquiridas como fixeches ti.

Un saudo

Javier (Cra Valga)

Instruccións para empregar o blog.

Nun blog pódese facer básicamente dúas cousas: escribir un artigo ou facer un comentario a un artigo.

1. Comentario. É moi doado. Basta con ir ao artigo (ou entrada) que queremos comentar e cliquear sobre 'comentar' ou 'hay x comentarios' (esquina inferior dereita) e facer clic: ábrese a ventá para escribir o comentario. Poñemos o nome de pila, se queremos e-mail e web e despois o comentario. Cando rematemos de escribir o comentario damos a pestaña 'Publicar'. Despois fainos unha pregunta de seguridade: ¿Cuanto sumana 2 y 2? e poñemos 4 (en número). Despois pinchamos en 'Publicar' na esquina esquerda abaixo. Aparece 'Comentario publicado'.

2. Escribir artigo. Pínchase en Administrar. Introdúcese o contrasinal (xa sabedes cal é, non a poño aquí por motivos de seguiridade). Arriba de todo pinchamos en 'Escribir nuevo'. Poñemos o Título do artigo (a idea central do que vamos a dicir). Despois redactamos no recadro o texto (ou o cortamos ou pegamos dun arquivo de texto, pdf, word, web, etc.). Podemos modificar o formato do texto con negrita, cursiva, cores, caras , tipos de fonte, tamaños de letra, etc. Unha vez rematemos o texto xa podemos darlle a publicar (se queremos, podemos insertar unha imaxe de ata 20 kb en Examinar e alineala No centro, esquerda, dereita).

Consello: e mellor antes escribir no word e logo pegar no blog, porque as veces por problemas de conexión a Internet bórrase o texto que puxemos e hai que volver a empezar de cero.

Consulta sobre un caso.

Pois espero tamén que tiverádedes unhas felices vacacións.

Teño un neno hiperactivo cunha intelixencia alta que non se traduce nun rendemento escolar satisfactorio debido ao déficit de atención. A miña pregunta é: estando escolarizado en 2º curso e non conseguindo os obxectivos do ciclo, ¿convén que promocione porque ten capacidade a priori cos apoios oportunos para conseguir os obxectivos do ciclo seguinte, ou por contra convén que repita curso porque o seu nivel de partida en 3º estaría por debaixo do nivel da clase?. Hai que ter en conta que este neno pasará de estar escolarizado nun CRA nunha unidade de infantil-primaria (14 nenos) a un aula masificada de 25 nun CEIP de 400 alumnos.

 Se a alguén lle interesa o meu correo electrónico é andressa_79@yahoo.es

Vémonos o xoves 3 a hora de sempre no lugar de sempre.

Reunión orientadores/as

Hola a tod@s que tal de vacacións?espero que ben.

Este xoves 27 temos reunión en Teo non?espero que me confirmedes o tema porque non recibin ningunha noticia todavia.

Un saudo para todos,

Javier (Cra de Valga)

Algúns documentos de orientación dirixidos a mestres.

Na miña páxina web www.freewebs.com/mestreandres en Blog de orientación teño algúns documentos, entre outras cousas, dirixidos a mestres sobre asuntos de orientación.

Outra cousa. Se me poiderades mandar fichas para traballar a atención en nenos de I e II ciclo de Primaria agradeceríao. E se tivérades fichas para traballar a lectura dende o método fónico tamén.

Graciñas e animádevos a participar.

o meu correo electrónico é andressa_79@yahoo.es

Andrés.

aprobada o acordo sobre itinerancia

Onte por fin (18-2-08)firmou a conselleira cos sindicatos a orde que regula as itinerancias e nas que estamos presentes os orientadores con centros adscritos ou compartidos asi que agora non poden dicir nada nos centros de cobrar os deprazamentos. Digoo pola xente que tiña problemas con iso. A min chegoume o acordo por correo, supoño que os sindicatos colgarano nas suas paxinas senon pedidemo e mandovolo.

Javier (orientador do CRA de Valga)

Sobre as adatacións curriculares individualizadas

En primeiro lugar voulle respostar a Javier: as competencias básicas metinas antes das áreas cos obxectivos, contidos e criterios de avaliación. A razón é que as competencias básicas están por encima dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación e van máis alá. E o verdadeiramente importante é que o neno se desenvolva no entorno (que se aprende aritmética básica sexa para mercar no supermercado e se aprende coñecemento do medio para que non se perda polo camiño á tenda). Fixen referencia explícita de como se incidirá coa ACI en cada competencia básica tendo en conta as características do neno en cuestión. Por certo, supoño que saberedes que un artigo da orde que regula as ACIs está  derogado.

Unha cousa. ¿Que me suxerides para traballar o PAT en cada un dos ciclos educativos? De momento vou tratar as técnicas de estudo no III ciclo.

Traballo de Orientación

Traballo de Orientación

Antes de nada. Gracias polos consellos Andrés.

Y animarte a seguir nesta labor tan complicada como é a orientación. Eu que estou aqui de sustituto, pero que con sorte estou todo o curso, vexo que é moi complexo levar un departamento de orientación en canto a establecer accións prioritarias e sobre todo en canto a "contentar" ou convencer ós compañeiros de que este traballo é util e serve para algo.

Eu pola miña banda fago o meu traballo como ben sei, e intentando axudar na medida do posible a todas as demandas de axuda e problemas que haxa no centro (CEP e Cra).

Eu agora mesmo estou preparando unhas táboas para avaliar a competencia curricular dos alumnos de 2º  de Primaria e 2º ciclo de Infantil para pasarllas ás tutoras e tutores do nivel con vistas á 2ª avaliación.

Ademais estou pensando concretar un proxecto de acceso ás Tics ó alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que reciben RE ou con ACI.

Seguir a evolucion dalguns alumnos/as con RE e esperar a que aproben unha ACI que enviei. En que parte da tua ACI, lle metiches as competencias básicas?

Principalmente estas son as duas liñas principais para o 2º trimestre, o que non quita que modifique ou introduza cambios.

Un saudo

Javier

Lo que he hecho durante estos cuatro meses.

Hola soy Andrés, el creador de este blog que empecé como orientador interino este curso 2007-08 (con 4 años de experiencia docente en primaria y educación musical) en dos centros: CRA A Picaraña (base) y CEIP Feliciano Barrera (adscrito). Me gustaría comentar un poco lo que hice hasta ahora para ayudar un poco a aquellos que están un poco perdidos y para que me hagan sugerencias los que lleváis más tiempo de que otras cosas puedo hacer.

a) Elaboración de plan de orientación, PAT y plan de convivencia.

b) Elaboración de propuestas para adecuar los proyectos educativos a la LOE.

c) Negociar el rol de orientador con los compañeros.

d) Puesta en marcha de webs y blogs: www.freewebs.com/mestreandres,, http://proxectogamela.blogia.com, http://orientaciongalicia.blogia.com, http://estratexiasconvivencia.blogia.com

e) Asesoramiento en la realización de Programaciones didácticas.

f) Elaboración de una ACI.

g) Evaluaciones psicopedagógicas con EDIL-1, WISC-R y matrices de Raven; cuestionario a los docentes y entrevista a las familias.

h) Intervención en dos casos de rotacismo porque PTs y AL del centro adscrito no daban a basto.

i) Asesoramiento en el plan de estimulación precoz del lenguaje oral en Infantil.

j) Asesoramiento individualizado a padres/madres (técnicas de modificación de conducta) y docentes sobre aspectos legislativos, psicológicos, pedagógicos, sociológicos que tenían que ver con su práctica educativa en particular.

k) Revisión de vista y oído de los 165 alumnos y alumnas de ambos centros con láminas de agudeza visual de la ONCE y con un diapasón musical con técnicas de acumetría.

l) Establecer relación y contacto con inspección educativa, servicios de orientación, orientadores de años anteriores, de los CRAs de Galicia (aquí estáis todos), un amigo orientador en Redondela, asesora de orientación del CEFORE, asociaciones (ONCE; ASPRODICO; Down Vigo, Escola de Familia de Ponteareas).

ll) Clarificación del clima de convivencia en el CRA a los compañeros.

m) Y algunas cosas más que están relacionadas con la orientación.

 

Sobre os criterios de promoción.

Ola Javier! Son Andrés.

Supoño que nos criterios de promoción terás en conta o Decreto 130/2007 de currículo de primaria LOE, aínda que tamén hai que ter en conta a Orde do 23 de novembro de avaliación na etapa de primaria.

Tendo en conta a introducción das competencias básicas no currículo e o dito do Decreto é moi importante poñer como criterio de promoción quizáis prioritario que o alumno/a acadara as competencias básicas de cara a promociar ao ciclo sequinte. En caso de non telas acadadas, tamén se pode promocionar ao ciclo seguinte sempre e cando poida acadar as competencias básicas (irá acompañada a decisión positiva ou negativa de promoción coas medidas de reforzo que se consideren oportunas).

As competencias están por riba dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación, de xeito que unha persoa que acadara os obxectivos de aprendizaxe mediante o traballo duns contidos e valoración positiva nos criterios de avaliación; se non é competente; é dicir, ese aprendizaxe non é funcional e non lle serve para nada, pois supón que a competencia básica non está acadada. ¿De que serve, por exemplo, estudiar inglés durante anos (saber vocabulario, gramática, verbos irregulares de memoria) se despois non sé é capaz de defenderse nun país de fala inglesa?

Criterios de promoción 1º ciclo de primaria.

Hola, estoy a vueltas con el Decreto del curriculum de primaria, para ayudar a hacer los criterios de promocion de 1º ciclo de primaria en mi centro junto a la coordinadora de ciclo, tengo un resumen de las áreas instrumentales sacadas del decreto, si alguien lo necesita pues que me lo pida, a través del blog.

Javier(CRA Valga)

Un saludo.

Podemos ir compartiendo la informacion que vamos haciendo y no repetir los documentos. que os parece?

outro blog de orientación

Hola, como vexo que ninguen se anima a escribir no blog, voume animar eu.

Son Javier, o orientador sustituto do Cra de Valga, en novembro do 2007 estiven facendo un curso no cefore de Pontevedra, con Ester Pintos, que é a encargada de orientacion do cefore.

O curso era de TXDs (trastornos xeneralizados do desenvolvemento, TEA, ...), moi interesente, pasounos varios materiais (entre eles un programa para traballar a comunicacion a traves de pictogramas, o Boardmaker)

E a parte de iso, creou un blog de orientacion onde estan colgados alguns artigos do curso. Agora mesmo o blog está parado pero igual vos pode servir de algo, sobre todo ós orientadores da provincia de Pontevedra. http://oblogdeorientacion.blogspot.com/

Se queredes contactar conmigo ou con Ester (que é moi maja) pedidenos os correos.

 Un saudo dende Valga,

Javier

Presentación.

Presentación.

Orientación en Galicia nace como soporte dixital do traballo e discusión que se realiza no Centro Rural Agrupado de Teo a modo de reunións (2 ou 3 cada trimestre) dende hai tres-catro anos. Este curso académico 2007-2008 pretendemos facilitar o debate, a discusión, a resolución de dúbidas e dificultades mediante este blog. A nosa idea é colaborar entre todos os orientadores/as que desempeñamos a nosa labor en CRAs e outros Centros asemade; para, partindo de necesidades comúns, levar a cabo proxectos de desenvolvemento profesional que nos leven a mellorar e facer máis efectiva a nosa práctica orientadora.